A Historia de España é tan rica e variada que deu lugar a algunhas expresións, frases, palabras e xiros que teñen a súa orixe en etapas, feitos ou personaxes do noso pasado, e que aínda se empregan na actualidade.
Se tes curiosidade por esta tarefa centradas en frases feitas, refráns ou palabras populares orixinadas na Idade Moderna española, explica, primeiro, por que decidiches facer este traballo, comentando ao final que aprendeches ou que che chamou máis a atención.
En todo caso, debes seguir estas pautas obrigatorias:
-Explica, en primeiro lugar, por que escolliches esta tarefa e cal é o teu interese por este tipo de traballos.
-Podes entregar o traballo escrito a man ou cun procesador de textos.
-O traballo debe constar dunha portada orixinal, as cuestións deben estar numeradas ou ordeadas (coas respostas axeitadas), e, no caso de usar información adicional, as fontes (páxinas de internet, enciclopedias, vídeos…) utilizados para confeccionar a tarefa.
-Unha vez finalizados, podes entregalos ao profesor (en carpetiña, grampados, cunha funda ou soporte, etc) ou envialos por correo electrónico (só en formato PDF e evitar os ODT).
Non esquezas enviar os teus comentarios a: afachadoestevez@gmail.com
De seguido, están recollidas unha serie de expresións, refráns, frases históricas ou termos coloquiais dos séculos XV, XVI e XVII, ordenadas, máis ou menos, de xeito cronolóxico. Debes explicar a orixe histórica e o sentido de cada unha delas. Se é posible, engade outras expresións distintas ás recollidas nesta tarefa.
Para axudarche, aquí tes algúns enlaces de interese sobre o tema, nos cales atoparás información:
https://www.spanishzoom.com/10-expresiones-imprescindibles-aprender-espanol/
Idade Moderna:
«Salga el sol por Antequera y póngase por donde quiera»
«Las cuentas del Gran Capitán»…
«Hoy no me encuentro muy católico»…
Tomar las de Villadiego…
Dar la matraca…
Quedarse en cuadro…
Oler a chamusquina…
«A moro muerto, gran lanzada»
«Mandar a la porra»…
«Esto es una bicoca»…
«Dejar en la estacada»…
«Esto vale un Potosí»…
«Disparar con pólvora del Rey»…
«No dar un palo al agua»…
«Hacer un brindis»…
«El huevo de Colón»…
«Dura más que la obra del Escorial»
«Hacer el indio» e «ir en fila india»…
«Cortar el bacalao»…
«De pe a pa»…
«Todo el pueblo a una»…
Deja un comentario