ACTIVIDADE VOLUNTARIA: «PIFIAS AMERICANAS, PARA RIR CON MOITAS GANAS»

“El que tiene boca, se equi…boca”. Aquí tes un surtido variado de confusións, erros de redacción, “paridillas” e outras pifias, que todos fixemos algunha vez polos nervos nalgún exame.

-Explica, primeiro, por que decidiches facer esta tarefa e o teu interese por este tipo de traballos.

Logo, analiza cada fraseciña e comenta onde está o fallo e como sería o enunciado correcto.

En todo caso, debes seguir estas pautas obrigatorias:

-Podes entregar o traballo escrito a man ou cun procesador de textos.

-O traballo debe constar dunha portada orixinal, as cuestións deben estar numeradas ou ordeadas (coas respostas axeitadas), incluír material gráfico (imaxes, mapas, ilustracións…) e, no caso de usar información adicional, as fontes (páxinas de internet, enciclopedias, vídeos…) utilizados para confeccionar a tarefa.

-Unha vez finalizados, podes entregalos ao profesor (en carpetiña, grampados, cunha funda ou soporte, etc) ou envialos por correo electrónico (só en formato PDF e evitar os ODT).

Non esquezas enviar os teus comentarios a: afachadoestevez@gmail.com

 

PIFIAS DE CAMPIONATO….

-«Colón pediu explorar u oeste da Península e atopou como ir a América…»

-“Colón foi o primeiro en pisar terreo americano e deulles comidas e riquezas aos reis de España…”

-«Colon e vespuchi foron os principais viaxantes…»

-“Moita parte do terreo americano foi conquistado por participantes que viñan de Europa…”

-«Ponte de Nerón descubríu a Florencia…»

-“Nas exploracións americanas descrubriuse a Ría da Prata…”

«Paco de León navegou por California e investigou o Mississipi»

-«Os españois descubriron moitas plantas e querían que os indios indíxenas estiveran en bo estado e ánimo porque eran moi boa man de obra…»

-“Na encomenda, os indios pagábanlle ao dono un pequeño atributo…”

-“Unha cousa mala da conquista de América foron as enfermedades, xa que meses tmpos a hixiere non era moi boa, polo que todo o que tocaban e non se lavaban quedábanlle nas mans…”

-“Os españois trouxeron a América a traficación de negros…”

-“Como se necesitaba man de obra barata, isto conseguiuse a través da excravanza dos pobos…”

-“A mita era un sistema de América para minar as minas…”

 

 

 

 

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑