CUESTIÓN A DESENVOLVER: “O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN (CAUSAS DA GUERRA, BANDOS EN CONFLITO E A PAZ DE UTRECHT)”

En 1700, Carlos II de Habsburgo, o derradeiro Austria español, morreu sen descendencia deixando como herdeiro da Coroa de España a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado por liña materna coa dinastía dos Habsburgo, producíndose así o cambio dinástico que non foi aceptado por todos os países europeos e orixinou un conflito bélico, tanto a nivel peninsular como a nivel internacional.
A coñecida como Guerra de Sucesión á Coroa de España tivo lugar entre 1702 e 1713.
Causas da Guerra. O novo rei Filipe V foi aceptado e recoñecido como rei polas Cortes de Castela, Aragón, Cataluña, Sicilia, Nápoles e Milán, pero os Habsburgo de Austria non aceptaron que a Coroa de España pasase aos Borbóns e defendían o seu propio candidato, o arquiduque Carlos de Austria, fillo do emperador Leopoldo I. Ademais, a posibilidade da unión das Coroas de Francia e España e o papel prepotente e de control que desempeñaba Luís XIV, atemorizou os reinos europeos, que se uniron e iniciaron a guerra.
Bandos en conflito. En 1701, formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que logo se uniron Prusia, Portugal, Savoia e a maioría dos príncipes alemáns e italianos. Uns trataban de evitar a hexemonía borbónica e defender a candidatura ao trono de España do arquiduque Carlos de Austria. Outros buscaban a división das posesións españolas e obter vantaxes no seu comercio colonial.
A guerra foi tanto un conflito internacional como un conflito interno dentro da monarquía española. Gran parte dos territorios da Coroa de Castela (incluídas as provincias vascas e o reino de Navarra) apoiaron a Filipe V. En cambio, parte dos territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares), despois de recoñecer a Filipe V, apostaron polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da antiga monarquía pactista dos Habsburgo.
O enfrontamento estendeuse por toda Europa con vitorias e derrotas para os dous bandos, pero o inicio das conversacións para lograr a paz foi o cambio de posición das potencias europeas aliadas cando, pola morte do emperador austríaco en 1711, o arquiduque Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha hexemonía de Austria se Carlos cinguía, ademais, a Coroa española, era tan perigoso como a unión entre Francia e España.
A chamada Paz de Utrecht asinouse nos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714) nos que, co obxectivo de manter o equilibrio europeo, estableceuse: o recoñecemento de Filipe V de Borbón como rei de España, pero a cambio tivo que renunciar á Coroa de Francia e entregar os Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña ao emperador de Austria, Sicilia ao rei de Piemonte, a colonia de Sacramento a Portugal, e Xibraltar e Menorca a Gran Bretaña que ademais obtiña importantes concesións comerciais (un navío de permiso para comerciar coa América hispánica e o asento de negros). A pesar de asinarse a paz internacional, a guerra continuou en España; as tropas de Filipe V conquistaron Barcelona o 11 de setembro de 1714 e Mallorca e Eivisa en 1715, concluíndo así o conflito.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: